Islandia propón cobrar a entrada a Gullfoss, Geysir e Þingvellir dende 2027
Por Manu García — 27 setembro 2026
O Goberno de Islandia presentou un anteproxecto de lei para cobrar a entrada a Gullfoss, Geysir e Þingvellir, os tres piares do Círculo Dourado, a ruta máis visitada do país. Aínda non é unha lei aprobada: está en consulta pública ata o 7 de outubro de 2026, e se segue adiante entraría en vigor o 1 de maio de 2027.
A proposta é un único pase anual, con código QR, válido para as tres paradas. En tempada alta (xuño a outubro) custaría 4.500 ISK, uns 30 €, para maiores de 18 anos; en tempada baixa (novembro a maio) baixaría a 3.000 ISK, uns 20 €. Os residentes fiscais en Islandia, sexa cal for a súa nacionalidade, quedarían exentos. A cambio, desaparecería o aparcamento de pago que hoxe existe nos tres sitios.
É outra escusa para un novo imposto, ou realmente estas zonas necesitan esta axuda económica para a súa protección? O Círculo Dourado está masificado de turismo e quizais o necesite, pero cobrar por entrar a un espazo que en teoría é público parécenos en principio un pouco abusivo. En canto haxa novidades (se se aproba, se cambia o prezo ou a data), actualizamos esta noticia. Polo momento, planifica a túa viaxe con normalidade: nada disto é esixible aínda.
— Fontes e recursos

